Empregamos cookies de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando aceptas o seu uso.

   Más Intormación - Aceptar.

EN QUE CONSISTEN AS 6as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS?

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Se te unes ás 6as Xornadas poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes na promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concebidos especialmente para esta ocasión. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos -maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes- e sobremesa. Algúns dos restaurantes adheridos tamén ofrecerán menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.
En cada Ruta poderás atopar ademáis un programa especial de actividades para a fin de semana: “venres de tapeo”, catas comentadas, visitas a museos do Viño, rutas monumentais, paseos en barca, trens turísticos, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Realizaranse  tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público:

Sábado: 11.30h, 13.00h e 17.00h
Domingo: 12.00h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente.

 

 

 Copyright: Xunta de Galicia · Desenvolvemento: triwus.com