Empregamos cookies de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando aceptas o seu uso.

   Más Intormación - Aceptar.

DE VIÑOS E TURISMO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Achegándote a calquera das cinco Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe poderás facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos, propoñémosche un paseo entre viñedos.

A celebración das 6as Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia -que terán lugar as fins de semana do 19, 20 e 21 de maio nas Rías Baixas e no Ribeiro e o 26, 27 e 28 do mesmo mes en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras - bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis esta experiencia. Podes optar entre as sobranceiras paisaxes de Monterrei presididas pola súa impoñente fortaleza medieval, as do Ribeiro e súa antiga historia vitivinícola, as das Rías Baixas e os seus pazos e xardíns históricos, as da Ribeira Sacra, cheas de maxia de corte monacal ou as de Valdeorras, territorio de senlleiras covas... Paisaxes que mudan as súas cores e texturas con cada estación do ano.

Aproveita esta ocasión para coñecer non só as grandes adegas galegas, de modernas construccións, senón tamén aquelas máis pequenas, acolledoras e familiares, onde os colleiteiros che amosarán con agarimo o seu coidadoso traballo.

 

 

 Copyright: Xunta de Galicia · Desenvolvemento: triwus.com