Empregamos cookies de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando aceptas o seu uso.

   Más Intormación - Aceptar.


DE VIÑOS POR MONTERREI

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Ruta do Viño de Monterrei atópase situada ao suleste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Nesta comarca atoparemos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe co noso veciño Portugal, na que a historia de fronteira nos deixa como legado a fortaleza medieval de Monterrei. Espectacular paisaxe, coroada polas serras de Pena Trevinca, O Invernadeiro e San Mamede; fértiles terras preñadas de auga, nas que os ríos que nacen na montaña van deixando atrás pequenas fervenzas buscando o val, e numerosos mananciais mineromedicinais que as regan de vida e de saúde constituíndo hoxe uns recursos incomparables. Primeiros retrincos da conca do Douro, onde o seu afluente, o Támega, surca o territorio para penetrar xa en terras lusitanas; cara aquí vemos como se estenden os viñedos de Monterrei dende as ladeiras da montaña. Unha Denominación de Orixe nova nun territorio milenario,...

Os seus viños son fundamentalmente brancos, frescos, moi agradables e afroitados, cun excelente equilibrio entre alcohol e acidez, ben estruturados e golosos. Entre os tintos destacan esencialmente os xóvenes de gran viveza aromática, froitais, con corpo e moi expresivos aos que, pouco a pouco, se suman elaboracións máis exclusivas con gran complexidade e lonxevidade.

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODES ACHEGARTE A

  • O Castelo dos Condes de Monterrei, monumento nacional
  • A Ruta da Prata pola vila de Verín
  • A igrexa de San Salvador de Vilaza e o seu campanario rectangular do s.XII.
  • A igrexa prerrománica de Mixós
  • O templo parroquial de Retorta, un raro exemplo de arte gótica rural
  • O Parque Natural do Invernadeiro
  • Os castros de San Millao e de Saceda

 

 

 Copyright: Xunta de Galicia · Desenvolvemento: triwus.com