Empregamos cookies de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando aceptas o seu uso.

   Más Intormación - Aceptar.


DE VIÑOS POLAS RÍAS BAIXAS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Ruta do Viño das Rías Baixas é a máis occidental da xeografía galega, estendéndose dende a desembocadura do río Miño, na fronteira con Portugal, ata o sur da provincia da Coruña, moi preto de Santiago de Compostela. Constitúe a Ruta galega de maiores dimensións, con cinco subzonas de produción vitivinícola; de sur a norte: O Rosal, Condado de Tea, Val do Salnés, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Tamén é o territorio con maior tradición como Ruta do Viño -cumpre o seu 20 aniversario- e conta con varios itinerarios deseñados que cobren as distintas subzonas. Actualmente pertence ao clube das “Rutas del Vino de España” e figura na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas las Personas editada pola Plataforma Representativa Estatal das Personas con Discapacidade Física (PREDIF). Na Ruta do Viño Rías Baixas mestúranse tradición e modernidade nunha fusión perfecta de pazos históricos con espectaculares xardíns, nos que non faltan as fermosas camelias, adegas adaptadas ás últimas tecnoloxías ou impresionantes miradoiros dende os que se pode comprobar a importancia da influencia atlántica nos viños. As paisaxes de ensoño compleméntanse cunha enogastronomía da calidade, ofrecendo aos visitantes unha experiencia única e inesquecible.

Os viños das Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista a variedade Albariño (aproximadamente o 95% da producción), de cor marelo palla con ribetes dourados de potentes e nobles aromas, afroitados e florais, envolventes e embriagadores, que acompañan o seu paso por boca con carnosidade e untuosidade. A personalidade única das súas variedades e viños son consecuencia das peculiaridades do seu territorio, o seu clima, as súas xentes e a súa cultura. Unha terra chea de matices que se reflicten nos seus viños...

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODES ACHEGARTE A

  • O conxunto histórico de Cambados
  • Os miradores de Monte Lobeira e Monte Siradella
  • A capela románica da Nosa Señora da Lanzada
  • O mosteiro de Armenteira, xoia do románico onde, segundo a lenda, naceu o albariño…
  • Salvaterra de Miño e a súa fortaleza de fronteira
  • O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”
  • O Monte Santa Tegra, co castro e as vistas sobre a foz do Miño
  • O conxunto etnográfico dos Muíños de Folón e Picón

 

 

 

 

 Copyright: Xunta de Galicia · Desenvolvemento: triwus.com